A Audiencia Nacional española afirma que as instalacións privadas que o director de El Mundo ten en Mallorca ocupan un espazo público.
Despois de anos de batalla xudicial, a Audiencia Nacional española acaba de dar a coñecer unha sentenza na que se afirma que o director do xornal El Mundo non é propietario dunha polémica piscina situada na Costa dels Pins (Mallorca). A resolución xudicial bota por terra unha disposición do Ministerio de Medio Ambiente que lle permitía empregar en exclusiva a piscina nos meses e xullo e agosto. O ditame xudicial corrobora o que levan defendendo diferentes colectivos políticos e sociais: a piscina vulneraba claramente a lei de costas ao ocupar chan de dominio público.
No verán de 2005, un grupo de persoas, encabezadas polo daquela deputado de ERC Joan Puig, bañáronse na piscina para denunciar a usurpación do espazo público. O director de El Mundo denunciou os feitos diante da Garda Civil.
Poden ampliar información en Vilaweb