Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Europeas 2009

RSS de Europeas 2009
ELECCIÓNS AO PARLAMENTO EUROPEO

As sondaxes danlle 23 eurodeputados ao PP; 21 ao PSOE; e un a Europa dos Pobos

Izquierda Unida lograría dous representantes, Coalición por Europa outros dous e UPyD sería a sorpresa da noite electoral ao lograr un escano.

Redacción - 11:30 24/05/2009
Mayor Oreja lidera a lista do PP

Mayor Oreja lidera a lista do PP

O Partido Popular lograría o 43% (23 eurodeputados) dos votos emitidos en todo o Estado fronte ao 39% (21 escanos) que consegurían os socialistas. Segundo unha sondaxe que publica este domingo o xornal El Periódico de Catalunya, a terceira forza a nivel estatal seguiría a ser Izquierda Unida que conservaría os dous eurodeputados que ten na actualidade cun 4,7% de votos.

Sempre segundo esta prospección, Coalición por Europa (onde se integran CiU e PNV) obtería o 4,2% dos sufraxios (dous escanos). Pola súa parte, a Europa dos Pobos, onde participa, canda ERC e Aralar, o Bloque Nacionalista Galego tería garantido un eurodeputado.

A sorpresa podería vir da man de UPyD que lograría colocar un representante en Bruxelas. Porén, hai que ter en conta que a enquisa non inclúe a Iniciativa Internacionalista, unha candidatura que foi finalmente autorizada o pasado xoves.


3/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: