Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
BALANCE SATISFACTORIO

Os libros da USC recibiron 18 mil lecturas en Google Books en medio mes

A Universidade de Santiago, primeira do país en asinar un convenio co buscador, prevé empezar a comercializar axiña as súas publicacións a través da web.

Redacción - 08:00 21/05/2009

Dende a sinatura dun acordo entre a Universidade de Santiago e Google, xa hai varias semanas, para difundir na rede unha selección dos libros editados pola institución académica, xa se coñecen resultados das visitas ao servizo.

Así, entre o 1 e o 17 de maio acadáronse practicamente tres mil entradas, con máis de 18 mil lecturas de páxinas. Os responsábeis do Servizo de Publicacións da USC consideran positiva a repercusión do convenio de cara a visibilizar "a investigación realizada na universidade", e amosáronse optimistas sore a resposta futura.

A USC foi a primeira universidade galega en colaborar con Google Books, servizo que indexa a información contida en centos de miles de publicacións para permitir que as persoas usuarias atopen eses datos no seu interior. A universidade compostelá achega 700 libros e 246 teses de douturamento dos anos 2007 e 2008.

A universidade ten o dereito de comercialización dos libros, mentres que Google se encarga da dixitalización das obras. A USC xa anunciou que en breve activará o servizo de compra por internet dende a súa páxina institucional.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: