Celebrará a súa próxima reunión, o vindeiro xoves, na Delegación Territorial da cidade en cumprimento dunha promesa electoral.
A Xunta marcha este xoves para Pontevedra
O Goberno anunciou este martes que a vindeira reunión do Consello da Xunta terá lugar na Delegación Territorial da cidade de Pontevedra. Con esta decisión fan efectivo o anuncio realizado polo PP durante a campaña electoral de celebrar as reunións semanais do Consello noutras cidades do país.
A reunión estará presidida por Núñez Feijoo, tal e como acontece no resto de xuntanzas do Consello. Un dos principais motivos que levaron aos responsábeis do Goberno a elixir esta data para deixar a súa sede habitual é o feito de que este xoves 21 a capital do país estará asolagada polas festividades do día da Ascensión.