Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FINOU BENEDETTI

O poeta que nos aprendeu que a primavera ten esquinas rotas

O escritor uruguaio faleceu esta madrugada en Montevideo. Este luns o mundo recórdao coas palabras que el mesmo lle entregou.

M.S.P. - 18:40 18/05/2009

Deixounos Benedetti, Mario Orlando Hamlet Hardy Brenno Benedetti Farugia, que naceu hai 88 anos en Paso de los Toros, Uruguai, o paisito ao que estivo sempre ligado, nos seus textos e no seu compromiso político, e tamén no seu exilio, entre 1973 e 1983, fuxindo da ditadura que sufriu a república oriental. Lembramos a Benedetti polos seus poemas, pero tamén polos seus relatos (Esta mañana y otros cuentos, Montevideanos...) e novelas (La tregua, Gracias por el fuego, El cumpleaños de Juan Ángel, Primavera con una esquina rota... ). E tamén polo semanario Marcha e polo seu compromiso coa esquerda, un compromiso que levou até estas últimas horas.

Lembrámolo este luns, o primeiro luns sen Benedetti, coas súas propias palabras, as que el nos deixou: porque gracias a vos he descubierto/ (dirás que ya era hora/ y con razón)/ que el amor es una bahía linda y generosa/ que se ilumina y se oscurece/ según venga la vida/ una bahía donde los barcos/ llegan y se van/ pero vos/ por favor/ no te vayas.

No blogomillo hai ducias de blogs que falan este luns de Benedetti O Trasno Viaxeiro, Lagarto Dixital, Rabela de mareantes, Biblogteca, No vento de Cavanardá, Papiros de Hermaco, Ars Legendi, Qcousas, O recanto de Mik, Móllate coa lingua, Cabaret Voltaire, Alicia Crece, Outras Lerias ou Café Procope. Tamén entre os autores galegos, entre os poetas e narradores, hoxe chórase a morte do uruguaio; Fran Alonso destaca que foi "un autor de referencia, unha poesía que fixo historia. O autor de 'Tortillas para obreiros' ou 'Subversións' lembra unha conferencia que ofreceu Benedetti en Vigo en 1982: "falaba da moi distinta realidade do escritor en Latinoamérica e en Europa, dese contraste, dicía que en América a realidade política e social marcaba profundamente a obra literaria. Impresionoume esa conferencia". Emma Pedreira di estar "de loito", e asegura sentirse "frustrada porque marchou con recoñecementos de a pé, pero sen os grandes premios que merecía"; e lembra que "hai uns días aínda estaba relendo e rindo coa mordacidade dos seus haikus". E conclúe: "como poeta encantábame, máis que como narrador, porque estilaba sinxeleza. Non creo que houbese nada de hipocrisía, de maldade, de doble gume en ningún dos seus versos".

Tamén falaba de Benedetti José Saramago no seu blog hai unhas semanas: "¿Qué era, en verdade, Mario Benedetti? Poeta. Daquela arrinquemos os seus poemas da inmobilidade da páxina e fagamos con eles unha nube de palabras, de sons, de música, que atravesen o mar atlántico e se deteña, como unha orquestra protectora, diante da fiestra que está prohibido abrir, embalándolle o soño e facéndolle sorrír ao espertar". Benedetti dixo sobre a vida que 'El cuento es muy sencillo': usted aprende/ y usa lo aprendido/ para volverse lentamente sabio/ para saber que al fin el mundo es esto/ en su mejor momento una nostalgia/ en su peor momento un desamparo/ y siempre siempre/ un lío/ entonces/ usted muere.

Rostro de Vós

Táctica y Estrategia

Te Quiero

Hagamos un trato

No te salves


Ligazóns

5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: