Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECLARACIÓNS EN LÁNCARA

Núñez Feijoo: "Hai que desconfiar daqueles que queren apropiarse do que é de todos"

O presidente da Xunta afirmou que o galego "é de todos, e é un idioma oficial en Galiza, xunto co español", polo que o Goberno defenderá "calquera dos dous idiomas".

Redacción - 16:43 17/05/2009

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse este domingo en Láncara, onde presidiu os actos do Día das Letras, a "promocionar o uso do galego sen impoñelo". Sobre a manifestación en Santiago a favor da lingua, Feijóo dixo que "hai que respectar calquera tipo de formulación", pero advertiu de que "hai que desconfiar daqueles que queren apropiarse do que é de todos". Así, engadiu que "o BNG e forzas que apoian ao BNG están facendo unha manifestación", mentres o PPdeG fai un acto "no lugar onde naceu Piñeiro". Neste sentido, afirmou que o galego "é de todos, non ten siglas e é un idioma oficial en Galiza, xunto co español", polo que considerou que o Goberno defenderá "calquera dos dous idiomas". "A cordialidade do galego está por riba de calquera sigla", dixo.

Feijóo concluiu que "un idioma empeza a correr riscos cando se impón", xa que a lingua, "cando se quere, utilízase con cordialidade". Na súa opinión, "esa é a garantía máxima de que persista".


1/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: