Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÚAS MIL PERSOAS

Concentración na fábrica de Pascual en Outeiro de Rei

Os traballadores exíxenlle á Xunta e mais ao Goberno español que se manteñan os 155 empregos que a empresa pretende liquidar.

Redacción - 16:48 16/05/2009

Ao redor de dúas mil persoas concentráronse este sábado ante a fábrica de Pascual de Outeiro de Rei para demandar ás autoridades "que se manteñan os 155 empregos directos que a empresa prevé despedir". Con este obxectivo, os traballadores percorreron parte da Nacional 6 até a entrada da planta, para manifestarse contra uns despedimentos que consideraron "inxustos" e "sen fundamentos".

O presidente do Comité de Empresa, Pedro Neira, esixiulle tanto ao Goberno central como á Xunta "que busquen unha solución" ao conflito. "Estamos abertos a negociar calquera saída que pase por manter os empregos", destacou, tras o que indicou que "aínda" non entraron en contacto coa dirección da empresa, "nin eles cos traballadores", puntualizou.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: