Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOMEAMENTOS

Alfonso Cabaleiro será o novo secretario xeral de Comunicación e Camba Bouzas de Emigración

O xornalista redondelán será o encargado das relacións cos medios.

Redacción - 14:39 14/05/2009

Non houbo sorpresa neste caso. Núñez Feijoo apostou pola veteranía á hora de nomear o seu secretario xeral de Comunicación. Alfonso Cabaleiro Durán xa ten experiencia nun cargo que xa ocupou nos dous últimos anos da era Fraga. Nado en Chapela (Redondela) en 1957 é licenciado en Xornalismo pola Universidade de Navarra. Como profesional, traballou en El Correo Gallego e Faro de Vigo. Posteriormente, foi director xerente da Radio Galega e director de TVE en Galiza.

A secretaría xeral de Emigración estará dirixida por José Antonio Camba Bouzas. Natural de Vilar de Barrio, e traumatólogo de profesión, Camba Bouzas foi director xeral de Xuventude entre 1990 e 1995. O último cargo público que ocupou foi o de delegado da Fundación Galicia Saúde en Bos Aires (2005-2006)


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: