Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MARÍA LÓPEZ SÁNDEZ, ENSAÍSTA

"Se se perde a base cultural, pérdese tamén a razón de ser da loita política"

Foi recoñecida co Premio Ramón Piñeiro en 2007 polo seu traballo 'Paisaxe e nación: A creación discursiva do territorio'.

Marcos S. Pérez (texto) / Isabel G. Couso (vídeo) - 14:33 14/05/2009

Pegada de Piñeiro
"Está moi ben expresada na frase que abre o limiar da homenaxe que se fixo no ano 91, despois da súa morte, que di que a pegada de Ramón Piñeiro non está tanto espallada en libros como en persoas, é unha pegada que está na nosa identidade, na nosa maneira de ser como galegos".

Creación dun imaxinario galeguista
"Tiña a certidume de que non se pode facer unha política galeguista se non hai unha conciencia galeguista. E nunha época coma a ditadura, na que el era moi consciente do perigo de que non se asegurase a transmisión desa identidade, dese amor pola cultura e a lingua galegas, traballou por que se mantivese esa conciencia de Galicia. Se se perde a base cultural, pérdese tamén a razón de ser da loita política".

O concepto da paisaxe en Ramón Piñeiro
"Está presente na Filosofía da Saudade, pero de xeito aínda máis claro na voz de 'Galicia' que elaborou para a Enciclopedia Gallega; aí a paisaxe está mencionada antes que a lingua, colocándoas como elementos parellos, e definíndoa como construción cultural dos galegos. Toda a xeración de Galaxia atendeu á paisaxe, dende Rof Carballo a Celestino Fernández de la Vega".


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: