Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ATÓPANSE EN LIBERDADE CON CARGOS

Prenden dous veciños de Dumbría por caza ilegal con lazos de aceiro

Impútaslles a morte de tres xabaríns e dun lobo en poucas semanas utilizando en todos os casos idéntico método.

Redacción / Europa Press - 18:40 13/05/2009
O lobo é un animal con especial protección no país

O lobo é un animal con especial protección no país

Axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) de Corcubión acusan a dous veciños de Dumbría de cometer un delito contra a flora e a fauna, por caza ilegal con lazos de aceiro. A acusación formalizouse despois dunha investigación levada a cabo coa colaboración da Consellaría de Medio Ambiente.

A Garda Civil tivo coñecemento dos feitos hai un mes cando atopou uns lazos de aceiro presuntamente utilizados para a caza ilegal. Poucos días despois atoparon dous xabaríns mortos, xunto a uns lazos idénticos aos primeiros. Os gardas decidiron desmontar os lazos e comezaron unha investigación que pouco despois daría os seus froitos.

Foi cando atoparon os lazos montados de novo cun xabarín e un lobo (especie especialmente protexida). Os axentes acusaron a dous habitantes da zona que atoparon nas inmediacións do lugar e están actualmente en liberdade con cargos.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: