Sae á venda o primeiro modelo de teléfono fabricado no país americano, cun prezo de 10,30 euros a unidade.
Esta semana sae á venda en Venezuela o teléfono móbil nomeado como 'Vergatario', un dispositivo fabricado no país con apoio tecnolóxico chinés pensado para achegar a comunicación sen fíos ás persoas de Latinoamérica con menos recursos económicos.
Segundo informa Xurxo Martínez Crespo dende Vieiros Venezuela, o móbil custará 10,30 euros e sairá á venda da man ca compañía publica Movilnet. O propio presidente venezuelano, Hugo Chávez, presentou o aparato no seu programa televisivo Aló Presidente.
O teléfono está deseñado por profesionais Movilnet e fabricado por Vetelca, que producirá este ano 250 unidades en dous ou tres modelos que se distribuirán no mercado venezuelano e latinoamericano a baixos custos.