O Concello de Lugo ha reducir o orzamento das festas, que superou os 1,1 millóns de euros o ano pasado. Fuxan os Ventos pecharán as celebracións.
Bolas de pan, nun posto do San Froilán / Flickr: ovillan
A crise económica tamén vai afectar unhas das festas máis coñecidas do noso país, as patronais de Lugo: o San Froilán. Este ano, o Concello de Lugo decidiu baixar un orzamento que en 2008 chegou aos 1,1 millóns de euros.
Así o avanzou o concelleira de Cultura, Concepción Burgo, que, pese a recoñecer que a partida dirixida ás actividades previstas con motivo desta festividade "será menor", subliñou que esta redución económica non irá "en detrimento da calidade das actuacións". Segundo explicou, este ano prevén organizar menos concertos que en 2008, porque o goberno local ha rebaixar a asignación dirixida a sufragar o custo das infraestruturas nas que se celebran este tipo de eventos.
Burgo tamén adiantou que Fuxan os Ventos será o grupo encargado de pechar as festas de San Froilán, aínda que non avanzou máis detalles das actividades programadas entre os días 4 e 12 de outubro.