Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A POLÍTICA NOS TRIBUNAIS

A Fiscalía investiga a candidatura de Iniciativa Internacionalista na que participa Méndez Ferrín

O Tribunal Supremo español analiza un informe da Garda Civil sobre o apoio da esquerda abertzale á lista.

Redacción - 10:40 07/05/2009
Alfonso Sastre é o número un da lista

Alfonso Sastre é o número un da lista

O Tribunal Supremo xa está a traballar nun informe sobre Iniciativa Internacionalista elaborado pola Policía e a Garda Civil. Os axentes elaboraron o estudo a instancias da Fiscalía, que sospeita que detrás da candidatura ao Parlamento Europeo pode estar a ilegalizada Batasuna.

Segundo a Cadena Ser, o informe policial sostén que “a esquerda abertzale non é promotora desta candidatura, aínda que podería pedir a última hora o voto para esta coalición”. A policía española subliña que a esquerda abertzale fixo un chamamento a cargos electos locais para avalar a lista.

Na candidatura participan nacionalistas galegos, vascos, cataláns, aragoneses e casteláns. Entre eles atópanse dirixentes da Frente Popular Galega como é o caso de Xosé Luís Méndez Ferrín, que ocupa o posto número seis dunha lista encabezada polo escritor Alfonso Sastre e a avogada Doris Benegas (Izquierda Castellana).


4,43/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: