Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
comezaría a funcionar este ano

A UE traballa na creación dunha licenza única de copyright para internet

Serviría para favorecer o crecemento do mercado de contidos na rede. A proposta foi presentada no Parlamento Europeo esta terza feira.

Redacción - 09:00 06/05/2009

A comisionada europea de Sociedade da Información, Viviane Reding, e a comisionada de Proteccións dos Consumidores, Meglena Kuneva presentaron esta terza feira no Parlamento Europeo unha proposta de licenza de copyright cibernética única e válida para todos os países da Unión Europea, baseándose na necesidade de expandir os mercados de moitas empresas de contidos, que até o de agora só podían vender en certos países, ao non poder cumprir a lexislación de moitos outros.

Nesta liña, ámbalas dúas comisionadas basearon a súa proposta nesta necesidade de abrir as fronteiras aos contidos en liña, que turran contra as licenzas de cada estado e non chegan, moitas veces, a todos cidadáns europeos, debido, entre outras cousas, á imposibilidade da empresa que os desenvolve de pagar estes permisos.

É por iso que moitas webs exixen que o pago dalgúns produtos que venden se fagan con tarxetas de crédito do mesmo país dende onde operan. A diversidade destas licenzas fai, por exemplo, que a BBC só ofreza o servizo de TV de pago aos usuarios do Reino Unido; que as cancións de Spotify sexan diferentes segundo o país onde se conecte o internauta; ou que no iTunes os temas teñan prezos diferentes, segundo o estado da UE dende o que se merquen. As promotoras desta iniciativa sinalan que dar facilidades aos produtores de contidos na rede favorecería a competencia, e os compradores sairían gañando. A licenza comezaría a funcionar, de se aprobar, este mesmo ano.


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: