Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
REMATOU O PRAZO DE ALEGACIÓNS

A Ría Non se Vende alerta dos riscos ambientais que implica a Cidade do Mar

A rede de colectivos en defensa da ría viguesa defende que esta obra vai "roubar o mar, que é de todos, para desfrute duns poucos".

Redacción - 19:35 04/05/2009
Vista aérea da zona que ocupará a Cidade do Mar / Google Maps

Vista aérea da zona que ocupará a Cidade do Mar / Google Maps

A rede de colectivos pola defensa da ría de Vigo, A Ría Non se Vende, criticou a iniciativa da Cidade do Mar, proxectada nos terreos da antiga Escuela de Transmisiones y Electrónica de la Armada (ETEA), en Vigo. Segundo indicaron dende A Ría Non se Vende o proxecto inclúe, ademais dun amplo complexo científico, "a construción dun porto deportivo", no barrio de Teis. O pasado día 30 rematou o prazo de presentación de alegacións ao plan sectorial da Cidade do Mar.

Esta é a parte que critican dende a rede de asociacións, por considerar "incomprensíbel" os riscos que supón para o litoral, a cambio de beneficios aos que terá acceso unha pequena parte da poboación: "destrúe o mar, privatízao e rouba o litoral, que é de todos, para o desfrute de só uns poucos".

Neste sentido avisaron de que a edificación da Cidade do Mar traería consigo a "destrución do ecosistema da histórica praia de Ríos" e do seu banco de ameixa fina, ademáis da ocupación de 155.550 metros cadradados de lámina de auga e outros 115.050 de superficie terrestre.

Para os membros de A Ría Non se Vende o porto deportivo vai ser "un gran aparcamento de barcos de recreo", algo que critican abertamente, igual que fan tamén co feito de que "se permitan edificacións de baixo e tres alturas e se constrúa un vial de uso restrinxido de acceso aos peiraos e á zona náutico-recreativa".

Así, reclaman que o proxecto da Cidade do Mar "respecte o mar e deseñe o litoral da ETEA como a continuación da praia da Punta". Alen das reivindicacións medioambientais, o outro gran argumento do que emanan estas reivindicacións é a preservación neste lugar das actividades propias dunha praia como poden ser bañarse, pasear, pescar, ou tomar o sol.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: