Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
BELÉN REGUEIRA, MELLOR COMUNICADORA

O discurso que removeu os Mestre Mateo: "Aprendámoslles as linguas"

A presentadora de 'O país dos pequenos' e do Extrarradio da RG fixo unha acendida defensa do ensino en galego.

Redacción - 18:30 04/05/2009

"Os mellores comunicadores do país son esa rapazada tan espontánea, tan sincera, tan esperta e que fala galego tan ben", comezou dicindo Belén Regueira ao recoller o Mestre Mateo que a distinguiu como a mellor comunicadora de TV. Porén, a presentadora de O País dos Ananos (TVG) e o Extrarradio (RG), quixo ir máis aló, e partindo da súa experiencia con eses mesmos nenos que cada semana leva ao programa da Galega, fixo unha clara defensa do ensino en galego.

"Durante o noso traballo -dixo- démonos de conta de que xa hai moitos nenos e nenas entre os 6 e os 11 anos que non saben falar en galego; non é que o falen máis ou menos, non é que teñan unha actitude máis ou menos positiva, senón que non saben porque non lles aprenderon nin na casa nin na escola. Isto non se escoita en ningures".

Despois dos primeiros aplausos, que non foron unánimes, como se pode ver no vídeo, Belén Regueira continuou: "Se algo teñen os nenos é capacidade para aprender, e sería triste que os grandes decidisemos por eles que saber galego é un coñecemento prescindíbel, ou que só quita tempo para outras cousas". E concluíu: só quen sabe pode escoller. Absolutamente todos estamos de acordo na capacidade dos nosos nenos para falar con soltura en galego, en castelán, en inglés e en cantas linguas queiramos aprenderlles. Pois aprendámosllelas".


5/5 (76 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: