Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cara ás eleccións do 6 de xuño

O PP conta con aproveitar para os comicios europeos a inercia da vitoria en Galiza

Destacarán no programa as claves de influencia das políticas europeas que lle afectan a Galiza. Por outro lado, mantense a incerteza sobre a cota galega nas listas que deseñarán en Madrid.

Redacción - 08:00 27/04/2009

Salientaban esta fin de semana desde o PPdeG que cara á próxima cita electoral europea, o partido vaise esforzar por expoñer as propostas do PPdeG para "facer que Europa, aplicando a súa competencia sobre aspectos craves para o tecido económico e social de Galiza, axude a mellorar a calidade de vida dos galegos". "Os populares galegos apostarán por aplicar un receitario adecuado aos tempos que a Galiza lle tocou vivir, e por escoller ao mellor equipo posible para desprazalo a Estrasburgo en busca de defender os intereses da terra", sinalan.

Contan desde o PPdeG con que, na inercia da recente vitoria que lles deu o poder na Xunta, o partido manteña unha elevada porcentaxe de apoio no país, mesmo superior á obtida o 1M. Nesa liña, as últimas sondaxes a nivel estatal outórganlle unha significativa vantaxe sobre o PSOE, polo que ven doado "estender o cambio votado en Galiza até o máximo órgano de representación en Europa". Mentres, non hai novidade sobre a cota que a dirección do partido en Madrid lle cedería ao PPdeG nas listas para o Parlamento Europeo, logo de que o eurodeputado Daniel Varela deixase o seu escano europeo para sentar nesta VIII Lexislatura no Hórreo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: