Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONSELLARÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Mato apela ao pacto social contra o paro e non desvela o futuro de Consorcio de Servizos Sociais

A nova conselleira afirma que é consciente de que a crise económica vai dificultar o traballo do seu departamento

Redacción - 17:15 20/04/2009
Beatriz Mato, con Núñez Feijoo, durante a súa toma de posesión (clic para ampliar)

Beatriz Mato, con Núñez Feijoo, durante a súa toma de posesión (clic para ampliar)

“Un borrador de medidas para loitar contra homorraixa do paro” esta é a primeira medida que vai poñer enriba da mesa a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. Ao mesmo tempo, subliñou que os seus primeiros contactos van ser coa patronal e cos tres sindicatos maioritarios en Galiza. Mato afirmou que a situación de crise vai dificultar as súas tarefas.

No que respecta á area de Benestar, Mato dixo que ía tomar boa nota dos consellos do ex vicepresidente, Anxo Quintana.  Logo de manifestar que o benestar e a igualdade van ser asuntos prioritarios para o novo Goberno, sinalou que “polo de agora” non vai haber cambios no funcionamento do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar.


1/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: