Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Toma de posesión dos conselleiros

Rueda : "Centrarémonos nos problemas que de verdade lle importan á xente"

Nas súas primeiras declaracións como conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Afonso Rueda evitou entrar polo miúdo nas prioridades do seu departamento.

Redacción - 14:55 20/04/2009
Afonso Rueda con Núñez Feijoo durante a súa toma de posesión (clic para ampliar)

Afonso Rueda con Núñez Feijoo durante a súa toma de posesión (clic para ampliar)

"Gobernar para todos" e traballar "nos problemas que de verdade lle importan á xente" foron as preocupacións que dixo ter o novo conselleiro de Presidencia, Afonso Rueda, logo da toma de posesión do seu cargo este luns. Rueda, que foi recibido polo conselleiro saínte, Xosé Luís Méndez Romeu, comentou que se adicará a "cumprir cos compromisos" estabelecidos no programa electoral co que o PP acudiu ás eleccións.

Por outro lado, respondeu as declaracións do presidente da comisión xestora do PsdeG, Ricardo Varela, quen criticou que Feijoo non cumprira coa creación dunha consellaría "independente" para Xustiza. Ao respecto, Rueda dixo que o "compromiso electoral" era outorgarlle "unha atención especial" independentemente do organigrama da consellaría. Asegurou o novo conselleiro que o PP responderá "con feitos" neste sentido.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: