O presidente do PP ofreceu todo o apoio do aparato do partido a Núñez Feijoo
Rajoy felicitou a Alberto Núñez Feijoo e comprometeu o apoio do partido co goberno galego
Como a primeira “gran vitoria” do PP en 1981. Estes foron os recordos que a Mariano Rajoy lle trouxeron os actos de investidura celebrados este sábado en Santiago de Compostela. O Presidente do Partido Popular recordou que fora precisamente Galiza a que marcara o inicio dunha nova etapa para a organización no pasado e agarda que así volva a ser no futuro. Para isto, comprometeuse con Alberto Núñez Feijoo a achegarlle todo o traballo e apoio do aparato do partido: “los populares estarán siempre en toda España detras de sus compañeros gallegos”, dixo.
Doutra banda, Rajoy cualificou esta xornada como a dun “día moi grande”, ao tempo que confestou estar 2moi contento”. Finalmente, amosou o seu agradecemento a todos os galegos pola confianza depositada no PP para gobernar Galiza, logo dos catro anos de bipartito. “Agardamos ser merecedores desa confianza”, dixo.