Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO PARLAMENTO

Compromiso coa cultura galega e traballo fronte a crise, eixos do discurso de Feijoo

O novo presidente da Xunta tomou posesión do seu cargo cunha intervención que comezou e pechou cun recordo a Álvaro Cunqueiro e na que se emocionou.

Redacción - 12:00 18/04/2009

Cun Parlamento ateigado de personalidades e cun discurso visibelmente emocionado, Alberto Núñez Feijoo tomou posesión este sábado do cargo de presidente do goberno. Na súa intervención citou aos ex presidentes galegos, tivo palabras para a nosa cultura e comprometeuse a centrar a súa política en tres eixos fundamentais: a loita contra a crise económica, a reforma do Estatuto e a defensa da cultura e da lingua galegas.

Nun conciso discurso, Feijoo tamén tivo tempo para a emoción, que chegou no momento de recordar o sufrimento e o esforzo de "moitos galegos na posguerra", nunha referencia clara aos seus pais, que se atopaban nas primeiras ringleiras do Parlamento. Finalmente, comprometeu traballo e compromiso para tirar a Galiza do actual momento de crise.

No acto estiveron presentes, entre outros, o vicepresidente terceiro do goberno español, Manuel Chaves; o líder do PP, Mariano Rajoy; o ex presidente da Xunta, Manuel Fraga; ou a presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre. Ademais tamén asistiron destacados membros do PP, deputados galegos e membros da sociedade civil galega.


1,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: