Un cento de estudantes participan nas Xeiras sobre a lingua no campus da cidade olívica.
"Estamos moi contentos da resposta do estudantado nestas Xeiras; a participaciónestá a ser realmente activa", indica Iago Varela, responsábel dos Comités, avanzando que envista do éxito xa están a pensar en repetir a experiencia en vindeiras ocasións.
AS actividades foron inauguradas este mércores por María do Carmo Cabeza, vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes, e Iván Area, vicerreitor de Relacións Institucionais. A continuación proxectouse o documental “Linguas cruzadas”, dirixido por María Yáñez e Mónica Ares. Completa a mañá do mércores a mesa mesa redonda onde a directora deste filme”, María Yáñez, e a lingüista Ana Iglesias falarán sobre o binomio bilingüísmo-diglosia e outra na que Henrique Costas, director da ANL da Universidade de Vigo e Iolanda Veloso, concelleira de normalización, falarán das súas experiencias laborais en materia de lingua.
Pola tarde, Carlos Callón, presidente de A Mesa, María Dolores Candedo, presidenta de Nova Escola Galega e Fernando Ramallo, profesor universitario, analizarán a situación actual do galego. Pecharán a primeira xornada Roberto Noguerol, xefe de redacción de Vieiros, Alexandre Prieto, da Ciberirmandade da Fala e Xesús Manuel Benítez Baleato, coordinador de Mancomún.
Para o xoves 16 de abril están previstas as mesas "Lingua e literatura" e "Lingua e medios". Os escritores Xabier P. Docampo, Marta Dacosta e Mª Pilar García Negro analizarán co estudantado vigués a situación da literatura en Galiza; doutra banda, os xornalistas Afonso Eiré (Conselleiro Delegado de A Nosa Terra), Iago Martínez (Xornal de Galicia) e Belén Regueira (Directora de Extrarradio, na Radio Galega, e presentadora de O País dos ananos na Galega) conversarán sobre o estado do galego nos medios de comunicación.