Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NAS ELECCIÓNS EUROPEAS

Pontevedra podería ser pioneira en probar co voto electrónico

Xunto con Lleida e Salamanca, sería unha das cidades escollidas para poñer en práctica esta nova experiencia para exercer o sufraxio.

Redacción - 12:05 13/04/2009

O vindeiro 7 de xuño celébranse as eleccións europeas e ofrécese unha nova oportunidade para modernizar o sistema electoral. Así o ven dende o Ministerio do Interior, que xa comunicou á Xunta Electoral Central e, en consecuencia, aos diferentes partidos políticos unha iniciativa que pretendería introducir o voto electrónico. Revélao a edición dixital de El Periódico de Catalunya, quen informa de que esta proposta se levaría a cabo nos colexios electorais das circunscricións de Lleida (146), Salamanca (210) e Pontevedra (103).

Con todo, a consulta ás formacións políticas atopa diferentes posicionamentos. O Partido Popular, pola súa parte, xa presentou alegacións ao proxecto. Sostén que ten dúbidas sobre a posibilidade de que todos os integrantes das mesas sexan quen de manexar con soltura un sistema informático e dubidan sobre o custe que suporía enviar as papeletas cun código de barras engadido. Ao parecer, outra dificultade engadida e na que tamén repara a Oficina do Censo Electoral é a de contar con todas as instalacións eléctricas e coas conexións axeitadas en todas as mesas.

A proposta, emanada no Ministerio do Interior, debe agora ser referendada agora pola Xunta Electoral Central, que comunicará a súa decisión aos partidos.


Ligazóns

3,4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: