O PNV presentou un seu manifesto no din que "non van perdoar" os socialistas. ETA tamén emitiu un comunicado no que ameaza o novo Executivo. PP e PSE non participan nos actos.
Como é tradición, o PSE e o PP non participarán nos actos de celebración do Aberri Eguna, o Día da Patria Vasca, que se desenvolven este domingo en Euskadi. Porén, este ano van ser os protagonistas das celebracións, mais non no bo sentido. A inminente formación dun goberno de coalición entre as dúas forzas estatais centrará as denuncias dos grupos nacionalistas e abertzales este 12 de abril.
As distintas forzas nacionalistas convocaron actos por todo o país. O PNV desenvolverá o seu acto central pola mañá, en Bilbao, mentres que Aralar, EA e os partidos da esquerda abertzale participarán co Udalbiltza-Foro de debate Nacional, nunha marcha que se desenvolverá entre Irún e Hendaia. Porén, será a celebración do Partido Nacionalista Vasco a que centrará todas as olladas, xa que se agarda a comparecencia do aínda lehendakari, Juan José Ibarretxe. Nun comunicado emitido polo PNV con motivo desta celebración, afirman que o pobo vasco "non lles vai perdoar" aos socialistas as manobras que empregaron para botalos fóra do goberno.
Polo seu lado, ETA emitiu un comunicado coincidindo coa celebración do Aberri Eguna no que ameazan o novo goberno vasco.
Máis información sobre a xornada nos medios de Euskadi: