Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Queixa da Unión de Consumidores de Galicia

Consumidores e mercado "non están preparados" para a liberalización eléctrica

O novo modelo de tarifa aprobado polo goberno español "excluirá" arredor de tres millóns de fogares, moitos deles en Galiza.

Redacción - 11:00 05/04/2009

"Créase unha perigosa analoxía entre os servizos de luz e os de telefonía", advirten desde as organizacións de consumidores ao respecto do proceso aberto, recordando as queixas e problemas suscitadas polas operadoras de comunicacións. Ao tempo, lembran desde a Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) que o goberno español non aceptou as peticións realizadas para atrasar a introdución deste proceso. Os propios colectivos coñeceron do cambio de postura do Ministerio de Industria cando se lles presentaba un modelo de carta que se repartirá nos fogares informando da nova tarifa.

Na práctica, a nova tarifa eléctrica vai protexer 3 millóns menos de usuarios domésticos que a actual, entre aqueles que teñan potencias contratadas por riba dos 10Kw e gran parte dos usuarios da vella tarifa nocturna (que recentemente mudou a denominación a "tarifa de discriminación horaria"). Tal e como analiza a Ucgal o decreto aprobado pon en 10Kw o límite de potencia contratada para os fogares acollidas á que será a nova tarifa regulada, no canto dos 15Kw previstos.

Do total de 25,8 millóns de consumidores vaise pasar así no conxunto do Estado, analizan, a 22 millóns. Arredor de tres millóns veranse abocados á procura dun subministrador no mercado liberalizado "ou ben quedaren automaticamente transferidos a unha comercializadora". Paradoxalmente, hai ben pouco que aos usuarios da taxa de discriminación horaria lles obrigaran a contratar a máxima potencia. "Nin os consumidores nin o propio mercado está preparado para afrontar un proceso de liberalización", subliñan desde a Ucgal, apuntando que a Comisión Nacional da Enerxía (CNE) admite que as empresas eléctricas "practicamente non están realizando ofertas e que entre as realizadas, é moi difícil facer comparacións".


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: