Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuntanza do Consello Nacional

O BNG cavila en como recuperar a confianza das cidades e na mocidade

O documento político que chega á xuntanza deste sábado admite "fraxilidade" no plano organizativo e "vulnerabilidade ideolóxica" da base electoral.

Redacción - 10:15 04/04/2009

"No contexto de dinámica continuada de anos en que perdemos apoios da poboación urbana e nova, deben ser estes segmentos centro de especial atención, revisando no necesario as liñas de actuación e mesmo a forma de estruturarnos territorialmente, para adaptarnos ás novas realidades urbanas ou de funcionamento de Galiza Nova". Así o recolle o documento que este sábado terán na mesa os membros do Consello Nacional do BNG e que, previa aprobación, chegará ás comarcas para o seu debate e posta en valor polo conxunta da militancia desta formación política.

Outro dos eixos da reunión é a definición do regulamento da Asemblea Nacional que o Bloque celebrará o próximo 10 de maio. Un asunto sobre o que, desde o Encontro Irmandiño, o grupo encabezado por Beiras chega cunha proposta de censo "preasembleario" no proceso de elección dos representantes da militancia frontista. A comisión xestora do encontro de maio, da que forman parte Carlos Aymerich, Francisco Jorquera, Alberte Ansede, Mario López Rico, Noa Presas e Alberte Rodríguez Feixoo, non acordou até o de agora un modelo de consenso para este proceso, sobre o que este sábado poderán realizar achegas o Consello Nacional coa fin de facilitar o pacto. Segundo o borrador, até as 10h do domingo día 10 de maio poderán facerse modificacións na candidatura ou candidaturas.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: