Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cita no Parlamento

Feijoo será presidente dende o xoves 16 de abril

A Cámara acordou este venres o calendario parlamentario, incluído o pleno de investidura onde os deputados elixirán formalmente o novo xefe do Goberno.

Redacción - 13:50 03/04/2009

A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, comunicou este venres a decisión acordada pola Mesa do Parlamento segundo a cal a investidura do líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, como presidente da Xunta, terá lugar entre os días 14 e 16.

O martes 14, Feijoo fará a súa intervención parlamentaria como candidato á presidencia da Xunta. Logo de 24 horas de reflexión, será quenda dos voceiros dos grupos parlamentarios da oposición, Xaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) e Carlos Aymerich (BNG). A continuación realizarase a votación na que Feijoo, cos 38 votos dos deputados do grupo parlamentario do PpdeG, será elixido presidente da Xunta. Formalmente, a investidura completarase coa comunicación do nomeamento ao xefe do Estado Español e a publicación do nomeamento, o sábado 18, no Diario Oficial de Galicia. Será daquela cando se produza a toma de posesión.


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: