Segundo as súas estimacións, a economía estatal caerá un 3% en 2009 e a taxa de paro vai lamber o 20% a finais do vindeiro ano.
A crise vai ser especialmente dura no Estado, isto é o que prognostica o Banco de España. Segundo un seu último informe, a destrución de emprego vaise acelerar nos vindeiros meses para acadar este mesmo ano unha taxa do 17% (tres puntos máis que na actualidade). En 2010, a perda de traballo vaise moderar pero, aínda así, o paro vai achegarse ao 20%. Se se confirma ese escenario, estarían en perigo case un millón de postos de traballo.
O informe foxe de tabús e fala xa de “recesión profunda” xa que os acontecementos dos últimos meses dexeneraron nunha “severa crise bancaria e financeira”. O Banco de España cre que a economía estatal vai comezar a alentar un pouco a finais de 2010. As previsións baten nas do goberno español. Horas antes, o propio Rodríguez Zapatero aseguraba que era previsíbel unha lixeira recuperación este mesmo ano.
Poden ampliar a información aquí: