Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
VILAGARCÍA, 1 E 2 DE MAIO

Herman Dune e The Rumble Strips, cabezas do Festival do Norte

Standstill, La Buena Vida, Manos de Topo, Extraperlo, Cuchillo ou Love of Lesbian tentarán encher o oco deixado por Los Planetas, ausentes finalmente.

Redacción - 11:00 27/03/2009

Afastado dos grandes gastos doutros festivais que por exemplo provocaron a desaparición estes ano do Summercase, o Festival do Norte de Vilagarcía segue apostando polo indie español, canda a bandas internacionais pop de máis calidade que nome. Así chega unha nova edición do máis importante encontro do pop en Galiza, que se celebrará no recinto de Fexdega, en Vilagarcía, o 1 e 2 de maio.

Hai unha semana coñecíase a nova de que Los Planetas, cabezas de cartel do segundo día do festival, suspendían a súa actuación, por estar ocupados na gravación do seu novo álbum. Así e todo, a banda granadina prometeu que incluiría Vilagarcía na xira que seguirá á publicación do seu novo traballo. Pero o festival presenta un cartaz moi rico, cecais excesivamente pop, encabezado o venres 1 por Herman Dune e por The Whip e o sábado 2 por The Rumble Strips e Vetusta Morla. Ademais, estarán no Fexdega unha boa representación do máis destacado da música estatal, como Love of Lesbian, Russian Red, Manos de Topo, La Buena Vida, Delorean, e bandas revelación dos últimos meses como Cuchillo ou os barceloneses Extraperlo, unha caste de reencarnación de Golpes Bajos.

Pouca representación galega nesta ocasión, apenas un par de bandas, pero de sobrada calidade, como Nouvelle Cuisine e Noise Project. As entradas, xa a venda, teñen un prezo máximo de 21 euros (a dun só día) e 25 euros (o abono para todo o festival).


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Herman Dune: 'I Wish That I Could See You Soon'

The Rumble Strips: 'Girls And Boys In Love'