Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
PONTEVEDRA É A PROVINCIA MÁIS ACTIVA

No deporte do país os homes seguen sendo maioría

Un estudo sobre "Lecer e Hábitos Culturais dos galegos" revela que a porcentaxe de persoas de xénero masculino que fai deporte é meirande cá de mulleres.

Redacción - 12:00 05/04/2009
As zapatillas de correr seguen sendo o utensilio deportivo máis socorrido

As zapatillas de correr seguen sendo o utensilio deportivo máis socorrido

En Galiza o 56,6% dos homes realizan practicas deportivas, fronte ao 50,9% das mulleres, conformando con todos os datos un panorama no que o 53,6% da poboación do país adoita practicar deporte. Estes datos foron foron tirados do informe Ocio e Hábitos Culturais dos galegos (a partir da páxina 104 os datos sobre exercicio físico), elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte, usando os últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística.

A nivel territorial o informe presenta uns resultados divididos por provincias, e aquí a Pontevedra é o recanto máis activo (o 56% da poboación practica deporte) seguida d'A Coruña (54%). Un chisco atrás quedan Ourense (51%) e Lugo (50%), ambas por debaixo da media galega, que se sitúa no 53,6%.

Correr e/ou camiñar son os nosos predilectos
Malia que a maioría do tempo que usamos para seguir a práctica deportiva adicámolo a disciplinas como o fútbol ou o baloncesto, isto non e así cando nos poñemos a suar. O 41% dos galegos e galegas saímos con certa frecuencia a correr ou ben a camiñar, fronte ao 13% que nada ou o 10% que xoga ao fútbol. Do resto de modalidades estudadas as máis practicadas son fitness (9%), ciclismo (7%), baloncesto (4%) ou tenis (4%).

Os mozos e as mozas seguen sendo os que máis deporte fan
Malia que dos tres sectores de idade nos que se dividiu o estudio os maiores de 50 anos é o que aporta un maior número de deportistas, o certo é que isto só supón un indicador máis da sociedade avellentada na que vivimos, xa que é este (maiores de 50 anos) o treito máis poboado. Así, se facemos esta análise en base a porcentaxes vemos que fan deporte o 65% das persoas que teñen entre 5 e 29 anos; o 53% das que están entre 30 e 49 anos; e o 46´8% dos maiores de 50 anos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: