A CNT denuncia que un profesor substituto de Matemáticas foi expulsado das listas de Educación por tentar para que a súa materia se impartise na nosa lingua.
O IES Manuel Murguía de Arteixo
A CNT de Galiza denunciou, no Open Vieiros, que un seu afiliado foi expulsado das listas de profesores da Consellaría de Educación por un conflito vivido no IES Manuel Murguía de Arteixo, onde traballou en abril do ano pasado.
Alí, este profesor substituto de Matemáticos tivo serios conflitos coa dirección por reclamar que as clases da súa materia se impartisen en galego, conforme ao Decreto 124 do 2007 sobre o uso da nosa lingua no ensino, e foi expulsado, tras concorrer en catro faltas graves. Alén disto, foi tamén borrado das listas da Consellaría de Educación para poder traballar na ensinanza secundaria en Galiza.
Poden ler a información completa nesta ligazón do Vieiros Aberto.