Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NOVAS TECNOLOXÍAS

O parlamento catalán estrea web en galego e integrada nas redes sociais

A páxina integra un canal propio en Youtube, perfil en Twitter e Facebook e incorpora traducións automáticas a galego, éuscaro, occitano e inglés.

Redacción - 12:05 23/03/2009

"O futuro da política pasa por conectarse máis coa cidadanía". Esta foi a premisa reiterada por Ernest Benach, presidente do Parlament, e que está na base da renovación da páxina de internet dá cámara catalá. Conta con ferramentas web 2.0 "para avanzar cara unha política máis aberta e en contacto cos cidadáns" na procura dun parlamento máis "aberto, transparente e accesíbel".

Entre as novidades, destaca a incorporación dunha canle de vídeo en Youtube, páxinas nas redes sociais como Facebook e Twitter, ademais doutra páxina no agregador Netvibes, onde se pode acceder a diferentes contidos da actividade do Parlament. Asemade, conta con varios widgets, ferramentas que permiten subscribirse aos seus contidos e publicalos noutras webs, ademais de ampliar as súas canles de suscripción RSS e as facilidades para a tradución dos seus documentos. Doutra banda, a cámara tamén promove que os propios políticos aumenten a súa interactividade coa cidadanía e reúne os blogs e páxinas dos deputados en diferentes redes.

A lingua, outra novidade
A diversidade lingüística é outra das incorporacións deste novo portal de internet. Ademais do catalán, a páxina permite ver os contidos principais en galega, euskera, occitano e inglés, así como en castelán. Malia que só é posíbel esta opción nos textos máis estáticos, a web tamén incorpora o tradutor de Google para facilitar o entendemento doutros contidos da páxina máis dinámicos e referentes ás noticias de maior actualidade.


Ligazóns

5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: