Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Lista de finalistas dos premios AELG

A peneira dos escritores para a a primavera literaria

Alén das categorías tradicionais, media ducia de bitácoras optan a un novo galardón: o mellor blog literario do ano.

Redacción - 12:00 19/03/2009

Non será até o próximo 9 de maio cando se coñezan os gañadores. Será durante a Cea das Letras, a celebrar no compostelán Hotel Porta do Camiño. Deica aquela cita, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) achéganos a lista de finalistas para os premios do colectivo, saída dos votos emitidos en primeira quenda polos asociados, que votarán agora os gañadores finais.


Premios Aelg 2009: Lista de finalistas:



literatura infanto-xuvenil (aelg-gálix)


1.A cabeza da medusa, Marilar Aleixandre
2.Caderno de animalista, Antón Fortes Torres
3.Fume, Antón Fortes Torres
4.O libro das viaxes imaxinarias, Xabier P. DoCampo
5.PAlAbrAs brAncAs, Elvira Riveiro


poesía


1.A melancolía dos corpos, Xulio López Valcárcel
2.Acendede as almenaras: cántigas de amor, de amigo e de escarnio, Bernardino Graña
3.Amor Amén, Iolanda Zúñiga
4.Construcións, Eduardo Estévez
5.Cultivos transxénicos, Carlos Negro
6.Hordas de escritura, Chus Pato
7.Látego de algas, Antón Reixa
8.Libro de Alicia, Olalla Cociña
9.Migracións. Rafa Villar
10.Non son de aquí, María do Cebreiro
11.xeito de Freud, Carlos Lema
12.Reversos: días adiados, Ramiro Fonte


teatro


1.Fume / Insomnio, Rubén Ruibal Armesto e Carlos Losada Galiñáns
2.Historia da chuvia que cae todos os días, Roberto Salgueiro
3.Nachtmahr, Raúl Dans
4.Unha primavera para Aldara, Teresa Moure


ensaio


1.Anti Natura, María Xosé Queizán
2.Caderno de notas, Jenaro Marinhas del Valle
3.Fendas abertas: seis ensaios sobre a cuestión nacional, Carlos Taibo
4.Fin de século en Palestina, Miguel Anxo Murado
5.Historia de Ourense, Marcos Valcárcel
6.Miro Casabella e a nova canción galega, Xan Fraga
7.O espírito da letra. Nove achegas filosóficas a textos literarios, Luís G. Soto
8.O natural é político, Teresa Moure
9.Por unha Galiza liberada e novos ensaios, Xosé Manuel Beiras


tradución


1.A conxura dos necios (John Kennedy Toole), Eva María Almazán García
2.As flores do mal (Charles Baudelaire), Gonzalo Navaza
3.Cantos e fragmentos (Safo), Raúl Gómez Pato
4.O xiro postal (Sembène Ousmane), María Isabel García Fernández
5.Un home na escuridade (Paul Auster), Eva María Almazán García


narrativa


1.A choiva do mundo, Xosé Manuel Pacho Blanco
2.A verdade como mal menor, X. Luís Martínez Pereiro
3.Costa Norte/ZFK, Xurxo Borrazás
4.Festina lente, Marcos S. Calveiro
5.Memoria de cidades sen luz, Inma López Silva
6.O libro das viaxes imaxinarias, Xabier P. DoCampo
7.O profesor de vegliota, Manuel Veiga
8.O xardín das pedras flotantes, Manuel Lourenzo
9.Os nomes do traidor, Xurxo Sierra Veloso
10.Shakespeare destilado, Xesús Constela


mellor traxectoria xornalística (aelg-colexio de xornalistas)


1.Ana Romaní
2.Bieito Iglesias
3.Camilo Franco
4.Gustavo Luca de Tena
5.Marcos Valcárcel
6.Xosé Manuel Eyré
7.Xosé Manuel Pereiro


mellor blog literario


1.…mmmm…, Estíbaliz Espinosa,
2.As uvas na solaina, Marcos Valcárcel,
3.Das orixes de marzo, Helena González,
4.Lándoa. Marxes de Texto, Arturo Casas,
5.Henrique Marques-Samyn, Henrique Marques-Samyn,
6.O levantador de minas, Alfredo Ferreiro,


3,8/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: