Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BALONCESTO

O Breogán destitúe a Paco García

O adestrador pecha a súa segunda etapa no club deixando o equipo lugués na cuarta posición, cunha bagaxe de 15 vitorias e 9 derrotas.

Redacción - 17:00 17/03/2009
Paco García

Paco García

A directiva do Breogán decidiu a última hora do luns destituír a Paco García do seu cargo como adestrador do equipo. O detonante foron as tres derrotas apañadas polo equipo nas catro últimas xornadas nos enfrontamentos directos contra os primeiros clasificados: Lucentum Alicante, Valladolid e Melilla Baloncesto. Así, a directiva está agora traballando na procura dun novo adestrador que axude a cumprir o irrenunciábel obxectivo do ascenso.

Paco García completou deste xeito a súa segunda etapa no Breogán, ao que chegou por primeira vez no ano 1997, para lograr dous anos despois o ascenso á liga ACB e manter nesa división ao equipo durante tres temporadas. En decembro do 2006 volveu ao equipo e mantívose á fronte do mesmo até este luns, sempre coa intención de devolvelo á ACB.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: