Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONCURSO DE DECLARACIÓNS NA NOSA LINGUA

O amor faise coa lingua

A nova edición de 'Lingua de Amor', organizado polo Consello da Xuventude e o Concello de Vigo inclúe unha categoría de cancións románticas.

Redacción - 18:15 16/03/2009

Lingua de Amor chega á súa terceira edición, e mantén o obxectivo de incitar aos mozos e mozas a empregar o galego para o amor, para as declaracións románticas, para os espazos máis íntimos. Trátase en definitiva de conquistar novos espazos de uso para o galego, sobre todo entre os máis novos e aproveitando as novas tecnoloxías promover a lingua dun xeito lúdico. Máis ou menos o mesmo obxectivo que procura Ferve na Rede. Lingua de Amor está organizado por Consello da Xuventude de Galicia, o servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a libraría Couceiro. Os textos e cancións pódense enviar até o 10 de maio a través da propia páxina do concurso.

As declaracións terán unha extensión máxima de 350 caracteres (con espazos) e poderán presentarse en dúas categorías: entre 14 e 19 anos, e entre 20 e 35 anos. No caso das cancións, que se presentarán xa gravadas, non hai límite idade para participar. En canto aos premios, na modalidade de 14 a 19 anos, serán un ordenador portátil, unha videoconsola PlayStation 3 e un IPod; e na categoría entre 20 e 35 anos, os premios serán os mesmos, pero incluirán en todos os cados unha cea para dous. Para o gañador da mellor canción de amor, os premios incluirán unha fin de semana para dous nunha casa de turismo rural.

Gañadores da edición 2008
Categoría A (14 a 19 anos)
1. Silvia Castañal González (15 anos, Riotorto). 'Composto químico'.
Eu son para ti coma un átomo invisible nun complexo composto químico. Déixame ser algo máis, necesítote.

2. Bibiana Rodríguez Domínguez (16 anos, Tui). 'Porque te quero...'
Quérote lonxe de min, ao outro lado da cama.

3. Marta Lois (18 anos, Santa Comba). 'O meu veleno'.
Púxenlle a cada verba que che vou dicir o suficiente veleno como para que sexas meu o resto da miña vida...

Categoría B (20 a 35 anos)
1. Bibiana Caamaño Álvarez (20 anos, Carral). 'Laranxas do día'.
Lembras como ós 20 anos faciamos o amor case todos os días? Hoxe sen te decatar, fasme cóxegas cada noite baixo a manta da cama fría. Lembras esas mañás nas que ías ó mercado para me traer laranxas do día? Hoxe enfádaste porque non che deixo saír á rúa sen compañía. Porque 65 anos despois non lembras mais seguímonos Amando igual que o primeiro día.

2. Margarita Sampedro Mariño (25 anos, Boiro). 'Química'.
Din que o amor son reaccións químicas, liberación de endorfinas ou non sei que lerias. Por se acaso vou ir mercando unhas cantas probetas por se esta noite vés visitarme e así facer un experimento científico.

3. Dolores Torrado Vicente (29 anos, Laxe). 'Autobiográfico'.
- Quérote...
- De veras?!
- ... Avisar que non veñas buscarme...


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: