Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GASTRONOMÍA E CULTURA

Arzúa vive a súa Festa do Queixo fusionando música e gastronomía

Vetusta Morla de Le Punk son os pratos fortes dunha cita que xa se converteu en referencia no país.

Redacción - 18:30 14/03/2009
O queixo e a mellor música comparten cartel en Arzúa

O queixo e a mellor música comparten cartel en Arzúa

Música, exposicións, talleres, pasarrúas... e sobre todo, queixo. A tradicional Festa do Queixo de Arzúa chegou á súa trixésimo cuarta edición e o bo tempo fixo o resto. Centos de visitantes estanse a sumar esta fin de semana a participar desta cita na que toman parte máis de corenta queixerías e na que non faltará a troula.

Cultura e gastronomía protagonizan estes días que están cheos de actividades, que van dende exposicións fotográficas, até exhibicións de capoeira ou danza tradicional, pasando polo Concurso de Petiscos e Tapas, que chega á súa terceira edición. O cartel é amplo e a nota musical correrá a cargo de dous dos principais grupos de música independente. Le Punk (Campo da Feira, ás 21:00 h) presentará en directo as cancións do seu novo disco; e Vetusta Morla (Campo da Feira ás 23:00 h) demostrará os motivos que lle levaron a colleitar tantos premios (entre os últimos, tres Premios da Música). E o domingo tamén haberá ocasión de escoitar boa música: a partir das sete da tarde celebrarase o Festival do Queixo, no que se poderán escoitar a Vaamonde, Lamas e Romero, ademais de gozar co bo facer de Uxía.

O programa completo pódese consultar aquí.


Ligazóns

4,2/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: