Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MESTURA DE SONS E IMAXES

Repaso ao patrimonio musical de Ferrolterra

O grupo Berros do castro ofrece un concerto didáctico no que a exposición de imaxes e música ao vivo ilustrarán a tradición da bisbarra no eido da música.

P.G.M. - 09:00 10/03/2009

O vindeiro mércores o grupo de música tradicional Berros do castro participa, ás 19.00 horas, nun dos actos encadrados na semana cultural da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. O acto consiste nunha actuación didáctica que combina a música en directo cun percorrido en imaxes pola comarca de Ferrolterra. O concerto leva o nome "Unha imaxe, unha melodía...un recordo: Percorrido gráfico e sonoro pola música tradicional de Ferrolterra", o mesmo nome que ten a compilación fotográfica.

No acto utilizaranse as imaxes recollidas pola asociación cultural Berros do castro para ilustrar as diferentes fases polas que foi pasando a música da zona. Explicarase a evolución que experimentaron as agrupacións musicais na zona, tendo en conta a paulatina incursión de novos instrumentos. A elaboración dos propios instrumentos será outro dos puntos a tocar durante a xornada, para o que contarán coa participación de Antón Varela, que explicará en que consiste hoxe o traballo do construtor de instrumentos.

O acto está dividido en catro partes, ou escolmas, que son: os artesáns, o gaiteiro solista, os grupos de gaitas e os bailes agarrados. Durante o tempo que dure a exposición, será unha constante a alternancia entre explicacións, imaxes e a música dos Berros do castro, coa intención de ilustrar o pasado e presente da música tradicional na comarca de Ferrolterra.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: