Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza- Norte de Portugal

O goberno portugués acelerará as obras do TAV Porto-Vigo para crear emprego

Cuns estudos de impacto ambiental moi adiantados, o obxectivo agora é comezar os traballos no primeiro semestre de 2010.

Redacción - 11:45 06/03/2009
A previsión é que en 2013 entre en funcionamento a liña de conexión entre Vigo e Oporto

A previsión é que en 2013 entre en funcionamento a liña de conexión entre Vigo e Oporto

Crear novos postos de traballo no marco da actual situación de crise internacional e reforzar as relacións económicas entre Galiza e o norte de Portugal. Estes son os dous obxectivos que se marca o goberno portugués co adianto das obras que conexión con alta velocidade entre os dous países. Así o subliñou esta cuarta feira a secretaria de Estado de Transportes portuguesa, Ana Paula Vitorino.

A previsión é que os traballos para a construción do TAV Vigo-Porto comecen no primeiro semestre de 2010, é dicir, seis meses antes do estipulado inicialmente. Vitorino informou ao secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, que esta decisión se xustificará "rapidamente", por mor da rendibilidade que ofrecerá esta nova liña. Do mesmo xeito, o director xeral da Axencia Portuguesa de Medio Ambiente, Antonio Gonçalves, confirmou que a declaración de impacto ambiental do tramo Porto-Valença está "moi adiantada" sobre o programa previsto, o que permitirá que os trámites estean rematados ao longo deste ano.

Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal
Vázquez Mao asegurou que con esta decisión se está a demostrar o "compromiso do goberno portugués" con desenvolvemento do tren de alta velocidade e da súa conexión con Galiza, e adiantou que "agarda" do executivo español unha responsabilidade similar, de xeito que se poidan cumprir os prazos previstos. A previsión é que o TAV Porto-Vigo estea en funcionamento en 2013, a mesma data na que debería estar rematado o que comunicará Lisboa con Madrid. Do mesmo xeito, 2015 é o ano previsto para a conclusión da conexión entre Lisboa e Porto.

Así recollen a información diferentes medios portugueses:


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: