Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REFORMA ELECTORAL

O Congreso decidirá o día 25 se permite circunscricións autonómicas para as europeas

A petición das formacións nacionalistas conta coa oposición de PP, PSOE e IU, prexudicados pola medida.

Redacción - 10:00 06/03/2009

A subcomisión creada no Congreso dos Deputados para debater a reforma da Lei Electoral fixou o 25 de marzo para decidir se se permitirá que as comunidades autónomas sexan circunscrición electoral para as eleccións europeas, previstas para o 7 de xuño.

A reforma é unha vella reivindicación dos partidos nacionalistas, mentres que o PSOE, o PP e IU están en contra. A subcomisión, presidida por Alfonso Guerra, dedicouse até agora a tentar garantir o voto en urna dos emigrantes, como reclamaban o PP, o BNG e CC, aínda que non se puido aplicar a tempo para as eleccións galegas.

A petición de que a circunscrición electoral para os comicios ao Parlamento Europeo fose a comunidade autónoma e non o estado xa fora formulada por CiU o pasado mes de outubro no Congreso e fora rexeitada tanto polo PSOE como polo PP. Tamén se opuxo Izquierda Unida, formación que sae favorecida co sistema actual.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: