Lendoiro envioulle na tarde do luns un comunicado por vía fax, en nome do clube, ao futuro presidente da Xunta poñéndose á súa "enteira disposición".
Alberto Núñez Feijoo
Non pasaran sequera 24 horas dende que rematara o reconto electoral que postulaba a Alberto Núñez Feijoo como vindeiro presidente da Xunta, cando o Deportivo da Coruña o felicitou mediante fax. Na tarde do luns envioulle un comunicado firmado polo seu presidente, Augusto César Lendoiro, que dicía falar en nome do club cando afirmaba que "poñémonos desde xa á túa enteira disposición para o que precises".
A condescendencia entre o equipo coruñés e o presidente do PPdeG semella mutua, xa que Núñez Feijoo confesou ser seareiro do Dépor. De feito falou nunha radio dunha anécdota sobre a noite electoral, cando recibiu unha chamada do seu pai que xusto despois de felicitalo díxolle que o Deportivo gañara, polo que xa tiña outro motivo de ledicia.