Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Dende hai 15 anos

Só o 8.66% das teses que se presentan na USC están en galego

Este dato contrarresta co feito de que cada vez se elaboran máis traballos académicos en portugués. Todo isto a pesar de existir un programa de axudas para o uso da nosa lingua.

Redacción - 18:10 03/03/2009

Segundo publican n'O Cartafol da Universidade de Santiago de Compostela (USC), só o 8,66% das teses que se publicaron dende 1994 neste entidade están en galego.

No 1994 nacía o programa de axudas á utilización da nosa lingua en certos traballos do alumnado, como os de investigación tutelados e as teses de doutoramento, un incentivo económico que serve para axudar o estudantado, e que chegou a se converter nunha referencia nas Universidades galegas ou catalás.

O ano pasado as teses publicadas en portugués superaron ás que estaban en galego
Porén, agora, 15 anos após e tras a publicación de 3.161 teses, dende a USC conclúen que a porcentaxe de alumnos e alumnas que empregaron a nosa lingua é ben pequena, e que contrasta co aumento do emprego de outras, coma o portugués e o inglés. De feito, no ano pasado as teses escritas en portugués superaron ás elaboradas en galego.

Por outra banda, o emprego do castelán foi diminuíndo neste tempo, aínda que continúa a ser a lingua empregado en maior medida. Cómpre tamén salientar que hai teses que se escriben en varias linguas a un tempo, como as que aspiran aos doutoramento europeo, unha mención de honra que no ano pasado recibiron un 10,41% das teses defendidas nestas Universidade.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: