Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Virtual apoio ao do Estado Español e Italia

Europa acepta o plan francés para darlle pulo á automoción

Na cimeira de Bruxelas, os líderes europeos comprometéronse a loitar contra a crise, sen chegar ao proteccionismo.

Redacción - 17:15 02/03/2009
Automóbiles amoreados / Flickr: alaznegonzalez

Automóbiles amoreados / Flickr: alaznegonzalez

Os xefes de Estado dos 27, xuntos na cimeira de Bruxelas, déronlle este domingo un apoio ao plan de rescate do sector da automoción presentado por Francia, ao entender que non contén medidas proteccionistas. Este feito ábrelle as portas á aprobación dos planes de automoción que presentaron Italia e o Estado Español, e deixa de lado as polémicas que suscitara, tras tachalo os checos de proteccionista.

O primeiro ministro checo, na súa quenda de presidente da UE, Mirek Topolánek, sinalou que os estados membros puxéronse de acordo en "empregar ao máximo o mercado único como motor da recuperación, para apoiar o crecemento de emprego", mais deixando completamente de lado o proteccionismo. Topolánek, engadiu que todos os gobernos confían no mercado común para garantir a igualdade de trato e a aplicación das regras comunitarias. Alén diso, sobre os planes da automoción, lembrou que deben coordinarse entre eles, e non provocar efectos negativos noutros países, ademais de servir para reestruturar o sector, xa que, segundo dixo, na actualidade a demanda de automóbiles en Europa está nos 12 millóns ao ano, e prodúcense 18 millóns.

Polo seu lado, o presidente francés, Nicolas Sarkozy, felicitouse polo visto e prace de Bruxelas, e dixo estar "totalmente en contra do proteccionismo" porque, segundo dixo, "ao salvar os grandes grupos europeos, salvamos o emprego en toda Europa", insistiu. O seu plan está dotado con seis mil millóns de euros, e é semellante ao do Estado Español, que conta con catro mil millóns, e segundo sinalou o presidente español, José Luis Rodríguez Zapatero, "contará co beneplácito da Comunidade Europea", xa que se trata de "apoiar a renovación do sector".

Escenificando a unidade contra a crise
Na cimeira, os líderes europeos trataron de escenificar unha imaxe de unidade fronte á crise, tras a descoordinación e as disputas que se sucederon as pasadas semanas, e comprometéronse a loitar contra ela, outra volta, sen pensar no proteccionismo, que podería "prexudicar os outros estados membros".

Como declaración de intencións fica o documento aprobado polos 27 ao término da cimeira extraordinaria de Bruxelas: "Europa só pode facer fronte a este desafío e superar a crise actual se continúa actuando de xeito conxunto e coordinado, dentro do marco do mercado único e da unión económica e monetaria". Os compromisos aos que se chegou esta domingo hanse revisar e aprobar no Consello da UE, que se desenvolverá entre o 19 e o 20 de marzo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: