Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Participación

Ao mediodía tiñan votado o 15,8% dos electores, tres puntos menos que en 2008

En 2008, por esta hora do día, xa votaran o 18,8% dos electores, o que preocupa aos partidos que se verían prexudicados pola abstención.

Redacción - 12:50 01/03/2009

Por volta do mediodía, o 15,81% do electorado galego xa tiña acudido ás urnas, unha cifra máis pequena que a rexistrada en 2005 cando, a esta hora xa tiña votado o 18,8% das persoas con dereito a facelo.

Este primeiro avance da participación despréndese dos datos facilitados polo conselleiro de Presidencia, Xosé Lois Méndez Romeu, quen por certo, foi o primeiro membro do Goberno saínte que acudiu ás urnas, así abriron, de mañá.

Méndez Romeu sinalou que estas cifras "indican unha lixeira participación menor" en comparación coas eleccións de 2005, pero son "maiores" que as rexistradas hai oito anos á mesma hora. O seguinte avance de participación darase ás 17:30 horas.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: