Acordou a redución dun 11% na recollida por mor do ascenso de vendas de marca branca e pola suposta sobreprodución rexistrada no sector.
Leite Pascual asegura que a decisión se debe a un axuste necesario na produción
Xa é unha realidade e unha situación que preocupa aos máis de 200 gandeiros asociados ás cooperativas Melisanto (Melide) e Tierra Llana (Castro de Rei). A dirección de Leite Pascual acordou cos responsábeis destas organizacións a diminución de dous millóns de litros no volume mensual de materia prima que lles mercará a partir do vindeiro 31 de marzo. As razóns que esgrime a empresa son a necesidade dun axuste na recollida, por mor da sobreprodución rexistrada no sector e da suba de vendas de leite de marca branca.
A produción de Pascual en Galiza ronda os 18 millóns de litros mensuais e o xefe de compras, Xaquín Lorenzo, asegura que esta conxuntura se manterá entre seis e oito meses. Do mesmo xeito, informou de que este tipo de decisións para axustar a produción á demanda se están a tomar en diferentes lugares e non quixo relacionalo coa sinatura de contratos homologados impulsados pola Consellaría de Medio Rural. Neste sentido, asegurou que seguirán a asinar estes documentos para a compra e a venda do leite para dar estabilidade ás relacións cos gandeiros.
Preocupación
A decisión non colleu de sorpresa aos produtores, que xa sufriron recortes na recollida en anteriores ocasións. Até o de agora non saben que farán co leite que deixe de recollerlles Pascual, mais a situación é complicada por mor das importacións que chegan de Francia e Portugal a moi baixo prezo. Os sindicatos agrarios reiteran as súas denuncias contra este tipo de prácticas e demandan actuacións dende as diferentes administracións.
A constante difícil situación do sector leiteiro é un tema que ten moitas derivacións políticas. Aquí podes ler a análise do que se ten feito e do que se comprometen a facer as diferentes forzas políticas logo dos comicios electorais.
Estas son as prioridades que debería asumir o goberno que saia das urnas o vindeiro 1 de marzo para: