Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
TAMÉN ESTARÁ NA VOLTA A MURCIA

Raña vivirá en Almería a segunda versión da súa estrea

O ordense volve recuperado da caída na Volta a Mallorca, que lle produciu unha luxación no ombreiro, formando parte dunha formación liderada por Mosquera.

Redacción - 11:30 25/02/2009
Ezequiel Mosquera volve ser o líder do Xacobeo

Ezequiel Mosquera volve ser o líder do Xacobeo

O Xacobeo Galicia segue a competición este venres día 1 de marzo, participando na Clásica de Almería cun cadro liderado por Ezequiel Mosquera. Neste equipo estará tamén Iván Raña, que terá a oportunidade de rematar en Almería a súa primeira carreira despois de caer no día da súa estrea co Xacobeo. A carreira presenta un percorrido de 169,4 quilómetros entre Puebla de Vicar e Almería.

A formación que dirixe Álvaro Pino leva até Almería os mesmos corredores que participarán entre o 4 e o 8 de marzo na Vuelta a Murcia. O cadro de ciclistas compóñeno Ezquiel Mosquera, Gustavo C. Veloso, David Herrero, Carlos Castaño, Gonzalo Rabuñal, Serafín Martínez, Marcos García e Iván Raña. Malia que non renuncian a acadar bos resultados, o obxectivo inicial do Xacobeo para esta carreira é seguir avanzando na súa formación encamiñada aos dous grandes retos do ano: o Giro e a Vuelta.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: