O número un do BNG lamentou que algunhas persoas non foran informadas da súa presenza.
Quintana afirma que se trataba dun acto organizado "polas asociacións de maiores de Pontevedra ao que fun convidado. E eu ao chegar ali, atopeime coa desagradsble sorpresa de que unha parte dos asistentes sabía que eu ía estar ali para falar e outra parte non o sabía. Eu lamento moito que alguén se puidera sentir incómodo coa miña presenza alí. Eu ía convidado. Laméntoo e discúlpome se alguén se sentíu incómodo pola presenza porque non foi a miña intención incomodar a ninguén e eu supoño que os organizadores do acto darán as cumpridas explicacións a quen se puido sentir incómodo por non estar informado da miña presenza ali".
Reiterou que el acudíu "como convidado, agradezo o convite e nada máis pasou que esto. Teño escoitado agora a dirixentes do PP, como sempre, intentar inventarse feitos que non sucederon, uns acontecementos que non pasaron e do que vós, ademais, sodes fedatarios e non é a primeira vez que o fan", continuou, "invéntanse as cousas, invéntanse outra realidade para verter infamias, mentiras e para sementar dúbidas. Polo tanto, falar como teño escoitado agora dalgún dirixente do PP de indignidade, de secuestro", incidíu, "os únicos indignos, os únicos que secuestran a vontade dos cidadáns son o Partido Popular que lle nega a este país un debate. Estas cousas podían ser debatidas, porque eu non teño nada que ocultar e poderíamolo explicar. Que debatan e que non sexan indignos e non secuestren a vontade dos cidadáns".