Contidos:
- Paneis divulgativos sobre a situación do lobo en Galiza.
- Fotografías sobre a especie e o seu medio.
- Elementos relacionados coa bioloxía do lobo.
- Mostra bibliográfica.
- Documental sobre o lobo rodado en liberdade.
- Elementos que evidencian a presenza do lobo na cultura.
Ten esta exposición a virtude de reunir obras de creadores literarios e plásticos solidarios ca defensa do lobo e os seus ecosistemas.
Obra literaria: 29 escritores galegos aportaron as súas obras inéditas.
Obra plástica: pintura, fotografía e escultura de autores galegos e portugueses con temas relacionados co lobo.
Despois de ter a exposición itinerante durante o mes de xaneiro no CEIDA, en Oleiros, imos a estar en Compostela dende o 17 de Febreiro até o 17 de Marzo. Estará ubicada no Centro Sociocultural de Vite e estará dispoñible para ser visitada no seguinte horario:
- Polas mañás:
De martes a sábado, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
- Polas tardes:
De martes a xoves, en horario de 16:00 a 21:00 horas.
Os venres en horario de 16:00 a 17:00 horas.
Os sábados de 17:00 a 21:00 horas.
* O horario poderá sufrir modificacións con motivo da celebración de diferentes actividades.
A inauguración a que estás convidada/o terá lugar o vindeiro Martes, día 17, ás 19:30 horas.