Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Mitin en Bos Aires

Touriño en Arxentina: Tarxeta sanitaria e cobertura da TVG para Bos Aires

O líder dos socialistas apelou á mobilización e participación dos residentes no exterior e criticou que haxa "quen quere poñerlle condicións ao dereito ao voto".

Redacción - 10:00 08/02/2009

Todos os galegos e os seus descendentes residentes no exterior terán, cando estean en Galiza, ben de forma temporal ou definitiva, "as mesmas prestacións sanitarias e os mesmos dereitos" que os cidadáns residentes no país. Tal foi o asunto estrela subliñado por Emilio Pérez Touriño no acto político celebrado polo PSdeG en Bos Aires este sábado, e ao que, segundo fontes socialistas, acudiron arredor de sete mil persoas. No acto, insistiu o secretario xeral do PsdeG en que todos os cidadáns galegos no exterior "recibirán a tarxeta sanitaria que expide o a Consellaría de Sanidade a través do Sergas". O líder socialista destacou que terán acceso automáticamente á tarxeta sanitaria "que fará que sen distinción teñan dereito a calquera servizo ou prestación do noso sistema de saúde".

Ao fío do ámbito sanitario, expresou Pérez Touriño a súa satisfacción polo traballo apoiado pola Xunta en Arxentina, referíndose á recuperación do Hospital do Centro Galego de Bos Aires, ao cal definiu como "buque insignia" da prestación sanitaria aos galedos residentes naquel país. Recordou Touriño que a institución estaba en creba antes do cambio de Goberno en 2005, e que o executivo foi quen de recuperar un servizo clave para a cidadanía do exterior. Na actualidade, o centro ten máis de 5 mil afiliados, que poden recibir atención aló e ademais a Xunta asume as cotas no caso das persoas con pensións asistenciais ou con dificultades económicas.

Por outro lado, o candidato socialista reiterou tamén outra promesa, avanzada o día anterior en Montevideo, arredor do proxecto para que os emigrantes que volvan a Galiza e queiran entrar no mercado laboral poidan inscribirse directamente nas oficinas públicas de emprego, recibir formación diversa e acceder a un sistema de bolsas para favorecer a súa inserción laboral. Ademais, durante a mesma festa-mitin, celebrada na sociedade La Rural, na capital arxentina, Touriño, revelou que a CRTVG ampliará cobertura na cidade co obxetivo de chegar a tres millóns de fogares bonaerenses.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: