Esta fin de semana dispútase na localidade catalá de Vilaseca un torneo ao que acoden 13 mozas do país e outros tantos mozos.
Esta nova fornada de taekwondistas será a encargada de dar continuidade no futuro ao gran momento do taekwondo galego
Esta fin de semana dispútase en Catalunya o campionato estatal júnior de taekwondo, nas categorías masculina e feminina. O torneo realízase en Vilaseca, localidade pegada ao mar mediterráneo, preto de Tarragona. Até alí chegará unha selección galega composta por 13 mozas e outros tantos mozos. A federación estatal aproveita a ocasión para ofrecer ás mozas e aos mozos un seminario de actualización, no que participará o director técnico da Federación Galega de Taekwondo, Miguel Meilán Cabaleiro.
Os taekwondistas estarán acompañados durante o campionato por unha comisión da federación galega, composta polo director de competición, José A. Torres; o seleccionador nacional Salvador Fontán; e os técnicos Rubén Taboada e Miguel Patiño.
Nova na páxina da federación coa lista completa de taekwondistas