Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A liña discurrirá entre a Subestación de Chantada e o Parque Eólico da Serra das Penas

Unha liña de alta tensión, nova agresión paisaxísticae ambiental na Ribeira Sacra

Unha nova agresión á paisaxe e ao medio ambiente da Ribeira Sacra vai ter lugar se finalmente se constrúe a nova liña de alta tensión pertencente ao Parque Eólico da Serra das Penas no Concello de Paradela.

ADEGA - 18:02 03/02/2009
Tags:

A Liña de Alta Tensión (LAT) atravesará os Concellos de Paradela, O Saviñao e Chantada e atravesará o río Miño na zona por debaixo do encoro de Belesar.

Neste treito o proxecto de liña de alta tensión afecta seriamente á paisaxe e ao medio ambiente da Ribeira Sacra e non contempla a afección sobre a zona de protección do recén declarado Ben de Interese Cultural de Santo Estevo de Ribas de Miño pola Consellería de Cultura da Xunta de Galiza.

A LAT foi alegada recentemente pola Asociación Ecoloxista ADEGA e máis por veciños da zona afectada.

A Plataforma pola Defensa da Ribeira Sacra quere pór de manifesto a multitude de agresións que vai acontecer no medio ambiente e na paisaxe da Ribeira Sacra. Para evitar esta situación indesexable é necesaria unha seria Avaliación Ambiental Estratéxica co obxectivo de analizar o conxunto das afeccións previstas por numerosos proxectos e obras na Ribeira Sacra. Estes proxectos afectarán gravemente á paisaxe e ao medio ambiente pero tamén ao turismo e a economía.

O proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica está regulado en Galiza pola Consellería de Medio Ambiente pero só inclúe xeralmente os proxectos dependentes da Xunta de Galiza. No caso dos actuais proxectos de ampliación de encoros, Autovía A76 e AVE Ourense-Monforte-Sarria-Lugo, que son competencia do Ministerio de Medio Ambiente, non foron sometidos á necesaria Avaliación Ambiental Estratéxica.

Todo isto faise antes da Declaración da Ribeira do Miño como Lugar de Interese Comunitario Miño-Neira que formará parte da Rede Natura, se ben farase efectiva cando todos estes proxectos xa teñan superado o procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: